Seleccionar página

O COLEF Galicia e Benefit Gym Club acaban de asinar na sede do COLEF Galicia en Santiago de Compostela un convenio no que ambas as partes garanten o cumprimento da lexislación vixente en materia deportiva e de profesións colexiadas.

Este convenio enmárcase na campaña de revisión e información que o COLEF Galicia está a desenvolver co obxectivo de loitar contra as irregularidades na prestación de servizos por persoal non cualificado e no seu caso non colexiado en moitos dos centros e empresas deportivas da nosa comunidade.

Con este acordo, Benefit Gym Club convértese no primeiro centro deportivo avalado polo COLEF Galicia en canto á cualificación e colexiación e publicidade dos seus profesionais Titulados Universitarios en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. 

O obxectivo prioritario de Benefit Gym Club, en palabras do seu xerente, Javier Fernández, “é facilitar un servizo de calidade aos nosos socios. Por este motivo, consideramos esencial que o  noso equipo reúna a cualificación, formación e experiencia que esixe a normativa e que reverte nun servizo profesional e persoalizado”. 


X