Entrevista a RAQUEL CARRAGAL DA COSTA
Colexiada número 58265
Lugar de traballo CENTRO DE PILATES ALÄIA (MARÍN)
“A xente conciénciase de que, cun exercicio controlado e unha boa alimentación, reducirán moitos problemas no futuro”
“Un alumno confía plenamente no seu profesor, adestrador… É a nosa responsabilidae estar altamente cualificados e en formación continua”
“Traballar con compañeiros colexiados é darlle ao meu negocio un valor engadido, é garantía de calidade”
Raquel Carragal é a responsable do centro de pilates Aläia, en Marín (Pontevedra), unha disciplina na que a avalan tres escolas internacionais e que non só define como exercicio senón como unha filosofía de vida. Consciente de que a actividade física é fundamental para previr enfermidades, no seu centro -que está en proceso de ampliación- comezase a traballar desde o pilates prenatal, infantil e junior, sempre con grupos reducidos que permiten unha atención case individualizada. Raquel Carragal é firme defensora da necesidade de que se regularice a profesión para evitar o intrusismo, é a saúde o que está en risco.
-Defines o centro Aläia como un centro wellness de saúde e benestar e as principais especialidades que se imparten son pilates, ioga… A clave do benestar está en equilibrar corpo e mente?
Por suposto, ten que existir un equilibrio perfecto entre o noso corpo e a nosa mente. Para lograr unha maior rendibilidade das nosas capacidades físicas é moi importante desenvolver a nosa mente. En calqueira actividade que fagas, por exemplo, unha carreira, podes preparala durante tempo, pero se ese día a mente falla non tes nada que facer.
É importante traballar o corpo e a mente para ter un corpo saludable. Xa se sabe: “Mens sana in corpore sano”
-Estades en pleno proceso de ampliación e tamén ofertando novos servizos. Cal é a filosofía da que partiu Aläia e cara onde camiña?
En menos dun mes ampliamos Aläia, pasando a ter mais de 300 metros cadrados dedicados á saúde e o benestar, onde daremos un asesoramento integral sempre de manos de profesionales titulados e colexiados.
Dende que arrancamos, xa hai uns anos, sempre tiven clara unha cousa, dar un servizo de calidade enfocado a saúde; aí está a nosa filosofía. Mantéñome fiel os meus principios.
Temos unha gran responsabilidade, a saúde dos nosos alumnos. Ultimamente encontrámonos con que “calqeira” pode desenvolver a nosa profesión, creo que é moi importante a regularización no noso sector, porque necesitamos que se lle dea valor o noso traballo.
En Aläia traballamos con calidade, en grupo reducido e sempre supervisado por profesionais colexiados.
Escapo der ser só un centro de pilates, somos un Centro de Recuperación Funcional, oonde temos diferentes actividades, enfocadas sempre á saúde. A ampliación vén da man de novos servizos e actividades (temos sorpresas…) que estenderán a oferta actual, sempre manténdonos fieis á nosa filosofía: calidade con trato individualizado.
-Unha das premisas importantes que distinguen ao teu centro é a esixencia de que o persoal sexan profesionales titulados. E ao aspecto da actividade física sumades tamén o da nutrición. Canta xente traballa en Aläia e que servizos cubrides? Que vantaxes pensas que aporta ter profesionais titulados?
Levo toda a vida vinculada a actividade física e saúde, e se aprendín algo, a base de erros, é que ter compañeiros titulados e con formación continua dá unha seguridade. Traballar con compañeiros colexiados é darlle ao meu negocio un valor engadido, é garantía de calidade.
Somos un equipo multidisciplinar, formado por un fisioterapeuta colexiado e unha nutricionista dietista, ofrecendo, así, un servizo integral. Incorpórase ao noso equipo unha compañeira, licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e colexiada, en formación continua e cunha amplia experiencia no sector.
-No teu caso concreto tes que loitar moito contra o intrusismo? Cres que é un problema importante no teu sector?
Pois si, creo que hasta que non se regule o noso sector, calquera poderá traballar no noso campo. Un alumno confía plenamente no seu profesor, adestrador…. É a NOSA RESPONSABILIDADE estar altamente cualificados e en formación continua. A súa saúde está en xogo.
Moi a miúdo atópome con xente que, sen ter unha formación completa e reglada, trata a alumnos con serias patoloxías ou enfermedades, como eu digo: a ignoracia é moi ousada. Invito, sempre, a todo o mundo, a esixir formación ao seu instructor, posto que a súa saúde está en risco.
-Entre as vosas especialidades está o pilates prenatal e tamén o infantil e junior. Cóntanos en que se basea cada un deles.
En Aläia enfocamos o pilates pre-natal a unha preparación para o parto e para unha mellor recuperación post-parto. Durante o embarazo é recomendable que a muller se manteña activa e en forma, non só por ela mesma senón pola saúde do bebé tamén. Ten moitos beneficios: contribuímos a manter unha boa circulación, axudamos a fortalecer as extremidades inferiores e o solo pélvico, aprendemos exercicios de respiración…
O método pilates infantil e junior, desenvolvido en Aläia, é un adestramento físico baseado en seis principios básicos: concentración, control, centralización, fluidez do movemento, precisión e respiración.
O pilates para nenos é divertido, creativo e un magníficoexercicio físico para estar en forma e previr moitas das lesións que poidan chegar cando sexan adultos. Moitos dos problemas articulares, musculares e posturales nos mais pequenos da casa xorden dos malos hábitos que teñen no colexio, mochilas, tantas horas sentados … ou das actividades máis cotiás como son ver a televisión, xogar co ordenador ou estudar. Esta actividade vai enfocada a nenos a partir dos 6 años de idade ata os 15, divididos en grupos de infantil e junior. Se o practican dende a infancia axudaralles a manter un desenvolvemento natural de seu corpo.
-Pensas que a práctica do deporte e a actividade física, e o pilates en particular, é unha moda pasaxeira ou a xente vaise concienciando da necesidade de practicar exercicio?
Creo que cada vez hai mais xente que encontra na actividade física en xeral a súa maior aliada, o modo de desconexión e para sentirse ben.
En particular, co pilates, agora mesmo calquera ximnasio, centro deportivo, ata centros de peiteado ofertan pilates. Como xa explicaba antes, hai moito intrusismo, ou xente que cun curso de fin de semana, ou online, ou nin iso, xa se poñen a impartir clases para 10-15-20…. persoas. Aquí o alumno debe esixir. Imaxino que co paso do tempo soamente quedaremos as escolas que imparitmos PILATES. Pilates non só é unha repetición de exercicios, é unha filosofía de vida. A miña premisa nas clases é poder transmitir aos meus alumnos o porqué dos exercicios, que entendan os seus principios e poidan levalos ao seu día a día.
No ámbito do pilates, tres escolas internacionais me avalan. É moi importante coñecer a raíces do método, entendelo dende a súa base, para poder transmitilo con responsabilidade e seguridade. Defínome como eterna estudante, nunca é suficiente.
A xente, pouco a pouco, vaille dando máis importancia á saúde, cada vez máis o coidado o corpo é unha prioridade. A xente conciénciase de que cun exercicio controlado e unha boa alimentacion, reducirán moitos problemas no futuro.
-Que tipo de clientes acuden a Aläia? Son predominantemente mulleres ou homes? De que idades? Van por algún problema concreto ou simplemente por manterse saudables?
Os nosos clientes abarcan un amplio abanico de idade, tendo en conta que ofertamos dende infantil ata adultos. Temos mulleres e homes, a saúde non entende de xénero. Moitos alumnos veñen porque nos recomendan os seus médicos; a maioría teñen algún tipo de patoloxía ou doenza, e o que buscan é seguridade e profesionalidade. Tamén temos alumnos cuxo obxectivo a manterse en forma.
-É difícil iniciarse no pilates? Que recomendación darías a quen queira empezar a practicalo?
Non é difícil, depende do profesor e a súa maneira de transmitir. Empézase de menos a mais. Primeiro hai que “entender” como se move o noso corpo, disociando movementos, entender como ter unha boa alineación postural… A vantaxe de traballar con grupos reducidos é que podes tratar case de maneira individualizada a cada alumno, respectando o seu corpo.