José Ricardo Soto Caride é o reponsable do Club de Esgrima Falcata HEMA de Vigo. Este colexiado é experto en artes marciais europeas antigas, non só no campo do adestramento nas diferentes técnicassenón tamén no aspecto teórico. Precisamente o traballo de investigaciónque levan a cabo no club, documentándose con tratados antigos e participando en congresos, é unha das cousas que distingue a esta entidade de outras que tamén se dedican ás HEMA. Ricardo Soto quere deixar claro que practicar estas artes marciais é tan natural como xogar ao tenis ou nadar, tanto para nenos e nenas como para maiores. O club participa tamén en representacións de batallas históricas e dá clases a actores e actrices que necesitan coñecer os movementos e técnicas de combate antigas. Tedes toda a conversa aquí