Seleccionar página

Roberto Ramos é o director xeral do grupo Serviocio/Beone, referente no sector das instalacións deportivas que vén de cumprir 25 anos no mercado. Con este motivo falamos con el da responsabilidade que supón xestionar unhas instalacións que dan servizo a máis de 168.000 clientes ao mes e do futuro do sector, no que veñen para quedarse os “ximnasios boutique” e que enfronta unha serie de procesos de concentración nos que Serviocio ten intención de ser parte activa. As instalacións actuáticas como elemento diferenciador da súa marca, a necesidade de manter unha formación continuada e a importancia da regulación para defender a profesión do deporte son outros dos temas que abordamos na conversa