A colexiada Uxía Parcero é unha das responsables do centro de adestramento persoal Reset, que vén de abrir unha nova sede en Santiago. Coidar a saúde dos seus clientes é un dos obxectivos deste establecemento, que conta cun equipo multidisciplinar e está especializado en pilates, hipopresivos e adestramento pre e post parto. Fronte aos ximnasios low cost destaca a praxis de calidade que se ofrece nos centros de adestramento persoal ou en grupos reducidos. Uxía insiste na urxencia dunha Lei do Deporte que remate co intrusismo que vive a profesión e defende a colexiación como a mellor arma para conseguilo. Podes ler o resto da Conversa aquí