Seleccionar página

PROXECTOS DE PRESCRICIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL. Centro de Adestramento maSalud e Concello de Camariñas

Bo día Alberto, un pracer poder contar contigo e compartir esta conversa, e, do mesmo xeito, darlle visibilidade ao teu traballo de cara a toda a cidadanía. Para que poidamos situarnos un pouco e coñecerche máis, a que te adicas e cal foi a túa traxectoria profesional e persoal?

Son graduado en Ciencias da actividade física e do deporte, comecei a miña andadura profesional como monitor de actividades deportivas no Concello de Camariñas tras rematar a miña formación de técnico superior de actividade física e animación deportiva, mentres realizaba o Grao en CAFD. Paralelamente, sempre estiven ligado ao deporte en xeral e de maneira especial ao balonmán tanto como xogador como posteriormente adestrador. Todo o descrito axudoume a coller experiencia en moitas ramas da miña profesión e a definir o camino profesional que quería seguir. Así foi como xurdiu maSalud, un centro de adestramento no que destacamos o traballo individualizado a prol da saúde d@ usuari@ e a consecución dos seus propios obxectivos. MaSalud non se adica só ao traballo no propio centro, senón que participa con programas exteriores, como é o Concello Activo no Concello de Camariñas.

Estamos nun momento no que pouco a pouco se lle está a dar a importancia e visibilidade que realmente ten a realización de actividade física e exercicio físico. Como nace e que estades facendo en “Concello Activo”?

Pois esta iniciativa nace da idea de facer chegar a actividade física saudable a todos os colectivos da sociedade, dentro dun programa deportivo municipal accesible a todas as idades. Neste caso, a nivel de actividades municipais, faltaba cubrir a necesidade de realizar actividade física saludable individualizada e supervisada e, concretamente, involucrar a persoas que teñen máis difícil formar parte das actividades comúns, como son as persoas con patoloxías e/ou con mobilidade reducida, que son agora os destinatarios directos do programa.

Para conseguir executar este proxecto uníronse o departamento de deportes do Concello de Camariñas, os profesionais sanitarios dos centros de saúde do municipio e os educadores físicos deportivos, desenvolvendo as súas funcións no programa dentro das súas competencias profesionais.

Este programa nace no curso 2018-19 con 4 grupos de intervención distribuídos en Camariñas (1), Xaviña (1) e Camelle (2), cunha sesión semanal. A partires do seguinte curso (2019-20), aumentou a participación dos cidadás e as sesión a dúas por semana. A porcentaxe de participación foi alto, e, pouco a pouco facíanse notar os beneficios do programa tanto no acondicionamento físico, coma no social e cognitivo dos usuari@s. En moitos dos casos, son persoas que por motivos ou a consecuencia de determinada patoloxía, non poden realizar as mesmas actividades cotiás que realizaban previamente. Ademáis, a todo isto asócianse moitas das creencias falsas relacionadas coa actividade física, que fan que partan con unha autoestima baixa, frustración, soedade, etc. Dende o “Concello Activo” podemos mellorar a súa saúde, non só no que a actividade física se refiere, senón noutras facetas coma o ámbito social e emocional d@s usuari@s.

O programa esta agora extendido tamén aos máis pequenos, con certos matices. Neste caso trabállase en colaboración cos centros de Educación Primaria do municipio. Actualmente o programa atópase en etapa de valoración dos rapaces e prevese que a partir deste curso se comece xa coas sesións. Neste colectivo o que se busca é favorecer a realización de actividade física nos menores que non adoitan participar noutro tipo de actividades xa existentes no concello.

Cal é a túa función como Educador Físico Deportivo neste programa e como foi a captación e participación por parte da poboación?

A miña labor como Educador Físico Deportivo é a de coordinador o programa “Concello Activo” e planificar as sesións que se van realizar, tendo en conta as necesidades dos participantes, logo dunha valoración individualizada e o informe médico do facultativo de Atención Primaria. Ademáis da planificación, tamén me encargo de levar a cabo parte das sesións programadas. Estas teñen una duración de 45 minutos e realízanse actualmente dúas veces por semana na duración do curso escolar.

A acollida foi moi boa dende o inicio do programa, malia que debido á pandemia pola Covid- 19 o programa sufriu un parón ata o curso 2021-2022, no que se reiniciou. Desta volta, a participación foi menor, pero aumentando progresivamente. A captación faise a través dos Centros de Saúde. O potencial usuario é valorado polo médico de Atención Primaria, elabora un informe, e así podería inscribirse no programa.

Como EFD os teus coñecementos son moi importantes á hora de poder realizar un programa de actividade física para persoas con diferentes necesidades e patoloxías. Coñecen os/as participantes do programa que están sendo controlados por persoas con estudos superiores e polo tanto habilitados legalmente para facelo?

Sempre se tenta visibilizar a profesión e que as persoas sean conscientes de que toda intervención na que están involucradas dentro do programa están supervisadas por profesionais cualificados, aínda que certo é que en moitos casos cando chegan non coñecen as diferencias entre formacións.

Cal é a razón que consideras máis determinante para que a poboación acuda a un EFD cando teña que realizar exercicio físico e actividade física se trata?

Hai moitas razón moi importantes para acudir a un/unha EFD á hora de realizar exercicio físico e actividade física. Unha delas, primordial, é a valoración persoal que pode facer da persoa que decide acudir, basado na súa formación e na evidencia científica. Do mesmo xeito a planificación que este lle fará, garantizando que o exercicio físico ou a actividade física esté controlada e adaptada, favorecendo a consecución dos obxectivos que se fixen e protexendo e mellorando da súa saúde.