Seleccionar página

Bo día Iván, é un pracer contar contigo neste espazo e seguir dando visibillidade aos Educadores Físico Deportivos nos diferentes ámbitos profesionais. No teu caso, o 19 de decembro do 2022 deches un paso moi importante, propoñéndote encabezar, como Presidente, unha das máis importantes federacións deportivas en canto a número de licenzas, a FGA. Neste eido, quixeramos saber dos inicios, pois levas case toda a vida ligado á actividade física e o deporte, particularmente ao atletismo. Como foi, e onde naceu ese interese?

O atletismo sempre foi un deporte que me apaixoou, non só polas posibilidades que brinda de práctica para poder interactuar coa natureza e os beneficios que ten para a saúde e benestar, senón pola propia riqueza que entraña, donde nun mesmo deporte dan cabida tantas especialidades (concursos, carreiras, marcha, ruta, trailrunning, cross,…). Desde moi pequeno sempre me gustou correr, inda que nunca mo plantexei desde un modo profesional.

En particular, desde este novo cargo, como se ven as cousas? Que te impulsou a presentarte?

Cando cursaba os meus estudos na Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, coñecín a Isidoro Hornillos, o cal impartía daquela a mestría en atletismo. Profundizamos no estudo da riqueza deste deporte e  en todas as súas especialidades, e unha vez rematados os meus estudos, contactou conmigo para ofrecerme o cargo de delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo. Eu daquela estaba moi vencellado ao atletismo popular e participaba en foros e debates sobre este deporte. Isidoro e eu tíñamos unha amiga en común que foi a que tamén nos sirveu de nexo para dar o paso de asumir o compromiso de levar a delegación de Atletismo na área de Compostela.

Desde entón fun pouco a pouco ascendendo no organigrama federativo ata chegar a ser vicepresidente de estructura territorial na última etapa de Isidoro Hornillos ao fronte da Federación Galega de Atletismo. Unha vez que él decide abandonar o cargo, téntame a ser o seu relevo natural, e despois de deliberar dita decisión profundamente, decido presentarme ao cargo.

Botando man da túa experiencia profesional como xestor deportivo, cales son as competencias clave para poder resolver con eficiencia os problemas no día a día do deporte municipal ou federativo?

O primeiro que tes que ter como xestor deportivo, independientemente da laboura puramente profesional, é templanza e capacidade de diálogo.  Ter unha personalidade axeitada para a negociación e un carácter conciliador, son armas baixo o meu punto de vista, necesarias para poder avanzar e acadar os éxitos necesarios no mundo da xestión deportiva na nosa Comunidade Autónoma.

Outras competencias claves son a planificación, coordinación, búsqueda de financión, tan necesaria para poder executar os proxectos, a xestión dos recursos humáns e no fío desta última, a capacidade de exsecutar un bo traballo en equipo.

Que lle recomendarías ás persoas que estén rematando a súa formación universitaria e queiran adicarse á xestión deportiva sexa de ámbito público ou privado?

Que sexan constantes nos seus proxectos, que nunca den por perdido nada, e que saiban que realmente o mundo da xestión deportiva e apaixoante; é o primeiro paso dun camiño que permite a práctica deportiva de miles de usuarios (profesionais e afeccionados), centos de actividades e multitude de programas que enriquecen o deporte e a práctica saudable.

Para rematar, cal é a túa valoración da actividade colexial e como pode se pode contribuir a mellorala.

A miña valoración é moi positiva. Temos un colexio profesional que nos respalda, nos informa, nos orienta e amplía cada ano os seus horizontes resolvendo en gran medida as nosas inquedanzas como profesionais do deporte.

Animo a todos e todas as profesionais, a que se colexien e fagamos deste xeito un COLEF máis forte e con presenza en todos os ámbitos posibles da nosa actividade profesional.