O noso compañeiro David é Diplomado en Maxisterio en Educación Física e Licenciado en Ciencias de la Actividad Física e o Deporte pola Universidade da Coruña, conta cun Mestrado Oficial en Dirección Integral de Proxectos pola UVigo e Postgrado en Seguridade de Instalacións e Eventos Deportivos pola UCLM. Asemade é actualmente o Coordinador das delegacións territoriais de Agaxede, docente no MBA Deporte da UVigo e docente de Educación Física.
Bo día David, un pracer coma sempre poder conversar contigo. Os que te coñecemos sabemos que eres unha persoa polifacética, pero cal das túas actividades é a que máis “en forma” che mantén?
Bo día, e antes de nada, agradecer o voso interese e darvos as grazas por visibilizar o traballo que facemos os/as educadores/as físico deportivos dende o COLEF Galicia, así coma pola labor desenrolada dende xa hai moitos anos.
Realmente, todas me manteñen “en forma” xa que cada unha delas apórtanme cousas singulares por ter as súas características e particularidades, pero a docencia en xeral é o que máis me gusta. O contacto directo có diferente alumnado, ver as súas inquedanzas, preocupacións e melloras é o que realmente lle da sentido e retroalimenta a profesión.
– Coméntanos un pouco polo miúdo como é unha semana no teu traballo, a relación cos teus compañeiros/as de profesión…
Pois actualmente, pola semana, dedico as mañáns a dar clase de educación física en secundaria e polas tardes á tarefas de preparación de clases, estudio, formación, indagación, preparación de ponencias… A verdade e que adico moitas horas ao día ao estudio e a intentar estar actualizado, xa que a evolución constante de todo o que xira en torno o deporte nas suas diferentes manifestacións, fai que a actualización sexa case unha obriga ética por parte de calquera profesional. A fin de semana, intento desconectar un pouco, pero si é verdade que os domingos xa empezo ca rutina.
Manteño bastantes contactos cos compañeiros/as da profesión dos diferentes ámbitos, por diferentes cuestións profesionais, tanto de educación, por coincidir en formación e proxectos comúns, coma de xestión, por pertencer á xunta directiva de AGAXEDE, en entrenamento, por ter amigos/as e que se adican a ese sector. A verdade é que gústame estar ao tanto do que ocorre noutros sectores profesionais do deporte.
– O ano que ven serán 10 anos desde a túa colexiación, que ten mudado neste tempo a nivel profesional? En que temos avanzado e onde estamos bloqueados desde a túa perspectiva?
A verdade é que non sabía que xa ían case 10 anos, porque parece que foi onte…, pero si que observei un cambio a nivel de profesionalización progresiva do sector, onde os educadores físico deportivos cada vez son máis conscientes das fortalezas e debilidades do plan de estudios actual da carreira e intentan suplir as carencias mediante másters, postgrados, cursos de especialización…acorde tamén ca enorme oferta que hai na actualidade en comparación con fai 10 anos, e xa non digo nada, fai 20 anos, xunto tamén ca consolidación e mellora da formación telemática ou online.
Por outra parte, temos avanzado bastante, porque se non recordo mal, hai 10 anos apenas chegabamos aos 600 colexiados/as en Galicia e na actualidade xa sobrepasamos os 1000 o que indica, por unha parte, a gran labor feita polo COLEF Galicia, e por outra, o grado de concienciación e necesidade dos educadores físicos deportivos para asociarnos baixo un mesmo paraugas, para, entre outros, loitar en prol dunha regulación das profesións do deporte cada vez xa máis necesaria e urxente e, por outra, ser garantía de ter unha formación cualificada como elemento diferenciador de seguridade e calidade do servicio prestado.
A pesar do enorme esforzo que se fai dende o COLEF Galicia para a captación de novos colexiados/as e incluso dende as propias Facultades do Deporte, podería decir, que quizais hai un certo bloqueo, que ven dunha parte de egresados/as que aínda non son conscientes da importancia de estar colexiados, ou ben, porque non se soubo explicar ben os beneficios e ventaxas da mesma , ou podería ser, que non se soubo adaptar as suas necesidades o que se lle ofrece como colexio. Temos que intentar visibilizar entre todos/as a importancia do crecemento social así coma o das accións que se desenrolan en defensa da profesión.
– Como docente con experiencia en diferentes niveis educativos, como está evolucionando a preparación do profesorado para atender as necesidades e problemáticas actuais?
Considero que en xeral temos un bó nivel de preparación e contamos con grandes formadores/as que son referentes en moitos casos a nivel nacional. Si é verdade, que aínda hai marxen de mellora, como é o acceso o profesión docente, o sistema de avaliación docente, a conciliación para a potenciación das labores de investigación, a excesiva burocratización de tarefas, os criterios de formación…
En concreto no ámbito educativo de secundaria e bacharelato, dicir que a problemática actual está por unha parte, no extenso do curriculum actual para levalo á práctica coa limitación temporal de duas sesións semanais, e por outra a necesidade dunha 3º hora de E.F, que tanto se ven reclamando xa dende fai uns anos polo colectivo, así como polas recomendacións de organismos coma a UNESCO en prol dunha educación física de calidade, e máis, nos tempos actuáis, como apoio á recuperación da crise sanitaria pola Covid-19, sen afondar no tema, na recomendación de 60 minutos de práctica de actividade física diaria proposta pola OMS.
– A seguridade na xestión deportiva é outra das túas paixóns. Que ten que ter en conta un director/a dunha instalación ou un docente de educación física para organizar a seguridade nas instalacións nas que traballa?
Os aspectos que ten que ter en conta dende un/unha director/a dunha instalación a un/unha docente de educación física, son bastantes diversos, xa que non é o mesmo a xestión da seguridade dunha instalación de 2000m2 e con piscina ca dun pabellón de 40m x 20m ou de un ximnasio de 15 m x 5m. Dependendo da casuística, habería que analizar as necesidades e requisitos de seguridade.
O que si poderíamos decir, de forma xeral, e que sempre deberíamos de ter en conta determinados aspectos coma son a utilización de medidas preventivas e non reactivas, é decir, non esperar a que sucedan as cousas para empezar a actuar sobre elas, senón intentar anticiparse aos acontecementos, o diseño dun plan de seguridade integral xunto cun análise de riscos, tanto materiais, inmateriais ou de prestación de servicio e que en caso de que ocurra unha emerxencia que se coñezan os protocolos de actuación, previo os ensaios de simulacros.
-Tamén levas máis de 10 anos como membro da Xunta Directiva da Asociación Galega de Xestión Deportiva, ¿que cambiou neste tempo, tanto a asociación coma nos xestores/as deportivos?
A evolución de AGAXEDE, nestes últimos dez anos, baixo a dirección de Eduardo Blanco, foi a consolidación dunha necesidade por parte dos xestores/as deportivos de Galicia, como marco de apoio a formación, asesoramento e información das diferentes problemáticas coas que se encontran. Ademáis, está servindo coma punto de encontro para unir sinerxias dentro do colectivo.
Actualmente, AGAXEDE encontrase coma un referente a nivel nacional, motivado entre outros, o crecemento social, así coma pola paulatina profesionalización de parte da sua estructura, grazas a consolidación de patrocinios deportivos, en especial de BeOne.
En canto os xestores/as deportivos, temos que ter en conta que non son un colectivo homoxéneo, senón que proceden de diversos campos e con formación en moitas ocasións moi dispar, e dado o nivel de profesionalismo que exixen na actualidade determinadas tarefas e normativa lexislativa, hai un aumento na demanda de asesoramento para afrontar a problemática específica da xestión deportiva.
– Actualmente estás colaborando co Grupo de Traballo de Educación Física do COLEF Galicia. De seguro que tedes traballo abondo. Cóntanos un pouco que é o que se está facendo e cales foron as túas inquedanzas para participar.
O que estamos a realizar é unha análise do actual borrador do proxecto do Real Decreto de ordenación das ensinanzas mínimas da ESO e Bacharelato, con aportacións de mellora. Polo que dividimos dito curriculum en grupos de traballos para a súa posta en común e reflexión.
No meu caso en particular, foi analizar as competencias específicas e saberes básicos en 1º e 2º da ESO, e a partir de ahí, intentar extrapolar os diferentes contidos de carácter prescriptivo a carga horaria que nos levaría poñelo na práctica.
Aínda non rematamos, pero os análisis iniciais, nos levan o xa comentado anteriormente, que é a necesidade da 3º hora de E.F en todo o curriculum da ESO e Bacharelato.
As miñas inquedanzas por participar, foi a posibilidade de aportar o meu gran de area a profesión e por outra parte facer unha reflexión do currículum de E.F que considero de fundamental importancia para intentar levalo con operatividade a práctica.
– Para rematar, unha cuestión a futuro. Todos os ámbitos profesionais van mudar nos vindeiros tempos, o noso tamén. Como ves a nosa profesión a curto prazo e dentro de dez anos?
Pois son bastante optimista en canto a cómo van a ser os vindeiros tempos xa que imaxínome, que a nosa profesión vai a seguir crecendo e diversificando.
Se a comparamos, con fai, 20 ou 30 anos, onde as saídas profesionais eran máis escasas e limitadas, o desenrolo foi exponencial e vanse a consolidar e rematar seguramente de profesionalizar tendencias que estanse a realizar na actualidade e que están a ter un ritmo de crecemento moi importante , coma a transformación dixital, o big data, scouting deportivo, os criptonegocios deportivos, os e-Sports, as Apps deportivas, a especialización do entrenamento orientado a saúde e o traballo multidisciplinar con outros profesionais.
Por outra banda, a longo prazo, seguramente isto conlevará a mellor selección de perfis profesionais, a especialización dos diferentes centros, así como a diversificación de másters e postgrados e incluso da propia carreira coma a coñecemos na actualidade.