Hoxe queremos presentarvos a dous Educadores Físico Deportivos #EFD 67237 Francisco Brenlla e #EFD 67236 Antonio Rey, directores e fundadores de 7QUALIS
Moitas grazas 7QUALIS por ter finalizado os trámites de convenio de empresa que hoxe acabamos de asinar, pois é un distintivo de calidade e profesionalidade que estará presente no voso centro de traballo na localidade de Bertamiráns.
Quixeramos felicitarvos tanto pola iniciativa, o bo facer como Educadores Físicos Deportivos, así como polo recoñecemento que estades a ter por parte dos vosos usuarios. Estades aumentando espazos e servizos e isto vese reflexado tamén nas ofertas de traballo que tedes lanzado. Actualmente cónstanos unha solicitude activa na nosa web para un Educador/a Físico deportivo.
Da vosa etapa de formación, que era o que máis vos chamaba a atención, xa tiñades clara o futuro profesional?
[F/A] Os contidos que se ofrecen na etapa formativa eran reducidos e que estaban algo obsoletos o noso parecer. Tiñamos desde un principio clara a nosa salida laboral despois de acabar os nosos estudios, malia que Antonio debido a precariedade da situación laboral decidiu nunha etapa preparar a oposición para mestre de Educación Física.
Como vos coñecéchedes e como xurdiu a idea de 7QUALIS?
[F/A] Coñocémonos como compañeiros traballando xuntos, desde o principio vimos que tíñamos una idea moi parecida de entender o adestramento e a forma de levalo a cabo.
A vosa traxectoria profesional vai da man do exercicio físico e deporte-saúde. Como vedes a situación actual e cales son os servizos máis demandados polos vosa clientela?
[F/A] Pensamos que existe unha tendencia positiva cara a práctica do exercicio de forma supervisada, a sociedade está cada vez está máis concienciada de que o adestramento é unha ferramenta moi potente para a mellora da condición física e saúde, entendendo que debe ser un profesional cualificado quen se faga cargo. Con respecto aos servizos máis demandados, este veñen sendo os programas de entrenamiento orientados a mellora da saúde.
Faládenos un pouco do voso traballo, o equipo, as metodoloxías, os servizos, os clientes
[F/A] Actualmente somos 4 educadores físico deportivos, e pensando en medrar pola forte demanda que estamos a vivir neste momento. Temos desenvolvida a nosa propia metodoloxía de traballo, que se basa en dous pilares fundamentais, por un lado o traballo de forza e por outro mediante un traballo de alta intensidad denominado HIUT (High Intensity with Uncertainty Training), un protocolo que incorpora variedade de exercicios tanto de forza como de resistencia cardiorrespiratoria.
Estes exercicios desenvólvense a alta intensidade nun clima de incertidume, deseñándose para aumentar a motivación e mellorar as capacidades condicionais, tales como a resistencia cardiorrespiratoria, a forza, as demandas metabólicas e a composición corporal.A intención deste sistema é aunar nunha mesma sesión de adestramento o traballo de forza e alta intensidade adaptada á cada persoa unha mellora estructural e fisiolóxica.
Desde o Colexio habitualmente atendemos queixas sobre persoas sen cualificación que ofrece servizos relacionas co exercicio físico e deporte saúde. Coa vosa experiencia, cales son os maiores problemas que estades a percibir?
[F/A] Indudablemente o intrusismo laboral e a falta da determinación lexislativa das competencias profesionais.
Como podemos trasladar mellor á sociedade a figura do/a Educador/a Físico Deportivo?
[F/A] Débese producir un cambio de paradigma, para elo por un lado, demostrar dende os centros coma o noso, os beneficios que se obteñen a través dun traballo realizado de forma axeitada por profesionais cualificados, e por outro, necesitamos un maior apoio polas diferentes entidades públicas.
Como empresarios e profesionais, como vedes o futuro da profesión e do ámbito do deporte-saúde a curto e medio prazo?
[F/A] De forma moi optimista, a demanda vai crecendo de forma positiva, a sociedade é máis consciente da nosa labor e do resultado que garante a preparación con educadores físicos deportivos.