Seleccionar página

Andrés Manuel Díaz Díaz ten un palmarés envexable na súa traxectoria como atleta e continúa a facer xirar a súa vida arredor do deporte. Titulado en Ciencias do Deporte, é un dos promotores de Geysa, un centro formado por un equipo multidisciplinar que ofrece adestramento personalizado, entre outros servizos. Pero ademais dá a coñecer a súa experiencia no campo da competición en conferencias por toda a xeografía e colabora en numerosas causas solidarias. Andrés Díaz defende a unión da profesión para reclamar unha regulación co obxectivo, sobre todo, de garantir a saúde e seguridade dos usuarios dos servizos deportivos. Acceder a conversa