Seleccionar página

Reunida a Xunta de Goberno do COLEF Galicia, en uso das atribucións que lle confire o artigo 29 dos Estatutos vixentes, acorda convocar Eleccións para prover o cargos vacantes da Xunta de Goberno.

As Eleccións celebraranse o 20 de marzo de 2021 dentro da orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria, aproveitando a oportunidade que ofrece o artigo 52 dos Estatutos do COLEF Galicia para a elección de cargos vacantes da Xunta de Goberno. O proceso guiarase polo ditado na sección segunda do capítulo II, Da elección e cesamento dos cargos (artigos 37 ao 48).

DATOS BÁSICOS

DATAS DE VOTACIÓN

Exercentes: 15 e 16 de marzo de 2021

Non exercentes: 17 e 18 de marzo de 2021

LUGAR       Plataforma de votacións COLEF Galicia

INFORMACIÓN SOBRE OS CARGOS VACANTES

CARGO REQUISITOS MANDATO
Vicepresidencia Persoa colexiada exercente, durante os dous anos previos Ata a próxima convocatoria para renovación de cargos da Xunta de Goberno (ano 2023)
Vogalía Persoa colexiada

CANDIDATURAS PRESENTADAS

Por orde de presentación:

  • 13.02.2021. Diego Bouza Fachal. 52.954. Candidato a Vicepresidencia.
  • 26.02.2021. José Manuel Pena Seijo. 63.735. Candidato a Vogalía.
  • 26.02.2021. Dan Río Rodríguez. 52.901. Candidato a Vicepresidencia.

CALENDARIO ELECTORAL

  • Día 12/02: envío da convocatoria a toda a colexiación, coa información necesaria sobre o proceso electoral. Exposición do censo na páxina web do COLEF Galicia.
  • Do 13/02 ao 17/02: presentación de reclamacións contra o censo electoral.
  • Do 18/02 ao 23/02: a Xunta de Goberno resolverá sobre as reclamacións presentadas.
  • DO 13 ao 27 DE FEBREIRO: PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS.
  • Día 28/02: exposición das candidaturas presentadas na páxina web do COLEF Galicia.
  • Do 01/03 ao 05/03: presentación de reclamacións ou impugnacións ás candidaturas presentadas.
  • Do 06/03 ao 10/03: a Xunta de Goberno resolverá as impugnacións ou reclamacións presentadas.
  • Do 11/03 ao 12/03: notificación aos interesados da resolución das impugnacións ou reclamacións.
  • Día 13/03: proclamación dos candidatos que reúnan os requisitos esixidos e publicación na páxina web do COLEF Galicia.

VOTO POR CORREO

Solicitarase do 12/02 ao 05/03, no caso do dos exercentes, ou do 12/02 ao 07/03, no caso dos non exercentes, segundo o recollido no artigo 39 dos nosos Estatutos:

  1. A persoa electora solicitará da secretaría do colexio, a partir da convocatoria e ata o décimo día anterior ao da votación, un certificado de inscrición no censo.
  2. A solicitude deberá formularse persoalmente ou por medio dunha persoa debidamente autorizada para representalo.
  3. A/o secretaria/o do colexio comprobará a identidade da persoa solicitante e, de ser o caso, a da representante, así como a autenticidade da representación e, logo de comprobación da inscrición no censo, expedirá o certificado solicitado, realizando a anotación correspondente no censo, co fin de que o día das eleccións non se realice o voto persoalmente.
  4. Tan pronto como estivesen dispoñibles, o secretario/a do colexio remitiralle á persoa electora ao domicilio por ela indicado ou, no seu defecto, ao que figure no censo, as papeletas e os sobres electorais xunto co certificado mencionado no punto anterior.
  5. A persoa electora, unha vez cuberta a papeleta do voto, introduciraa no sobre de votación e pecharao. Incluirá o sobre de votación e o certificado no sobre dirixido á mesa e remitirallo por correo certificado.
  6. A/o secretario/a do colexio conservará ata o día da votación toda a correspondencia electoral e trasladaraa á mesa electoral á hora en que teña lugar o comezo das votacións. Así mesmo, seguirá dando traslado da que poida recibirse nese día ata a hora en que finalicen as votacións.

CENSO: Accede ao censo

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS: Accede ao formulario de presentación de candidatura