CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS Á XUNTA DE GOBERNO DO COLEF GALICIA
Reunida a Xunta de Goberno do COLEF Galicia o pasado 13 de setembro de 2023, en uso das atribucións que lle confire o artigo 29.8 dos Estatutos vixentes e coa antelación necesaria á expiración do seu mandato, acorda convocar Eleccións para prover os cargos da Xunta de Goberno para os catro próximos anos.
As Eleccións celebraranse o 20 de outubro de 2023 e o proceso realizarase de acordo co exposto no Título IV, Capítulo II, Sección segunda dos Estatutos do COLEF Galicia, sobre a elección e cesamento dos cargos da Xunta de Goberno.
DATOS BÁSICOS
DATA | 20 de outubro de 2023 |
LUGAR | Edificio FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Vida da USC |
HORARIO |
16:00 – Apertura de urnas 20:00 – Peche de urnas e comezo do escrutinio |
INFORMACIÓN SOBRE OS CARGOS A ELIXIR
CARGO | REQUISITOS | MANDATO |
Presidencia | 3 anos consecutivos como persoa colexiada exercente | 4 anos |
Vicepresidencia | 2 anos consecutivos como persoa colexiada exercente | |
Secretaría | ||
Tesourería | ||
Vicesecretaría | Persoa colexiada | |
4 Vogalías |
CALENDARIO ELECTORAL
- Día 15/09: publicación da convocatoria na páxina web do Colexio e remisión por medios electrónicos ás persoas colexiadas, coa información pertinente sobre o proceso electoral. Exposición na páxina web do COLEF Galicia das listas separadas de persoas colexiadas exercentes e non exercentes con dereito a voto.
- Do 16 ao 20/09: formulación de reclamacións contra o censo electoral.
- Do 21 ao 25/09: resolución por parte da Xunta de Goberno das reclamacións presentadas.
- DO 16 AO 30 DE SETEMBRO: PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS.
As candidaturas poderán ser conxuntas para varios cargos, ou individuais para cargos determinados, e deberán estar subscritas exclusivamente polas propias persoas candidatas. Ningunha persoa colexiada poderá presentarse como candidata a máis dun cargo.
- Día 01/10: exposición das candidaturas na páxina web do Colexio.
CANDIDATURA COLECTIVA PRESENTADA (ACCEDER)
- Do 02 ao 06/10: formulación de reclamacións ou impugnacións contra as candidaturas.
- Do 07 ao 11/10: resolución por parte da Xunta de Goberno das impugnacións ou reclamacións presentadas.
- Do 12 ao 13/10: notificación da resolución das impugnacións ou reclamacións ás persoas interesadas.
- Día 14/10: proclamación das persoas candidatas que reúnan os requisitos esixidos, e publicación da mesma na páxina web do Colexio.
PERSOAS CANDIDATAS QUE CUMPREN OS REQUISITOS
- Presidencia Henrique Xoán Rodríguez Pantín 7.370
- Vicepresidencia Enrique Fraga Germade 10.346
- Secretaría Alexandre Fernández Fernández 10.176
- Vicesecretaría Lucía Noya Casas 63.457
- Tesourería Xoana Roig Regueira 56.070
- Vogalía Andrea Bas Fernández 62.786
- Vogalía Fátima Campaña Baña 64.012
- Vogalía Vicente Gambau í Pínasa 8.916
- Vogalía Daniel Peral López 60.789
- Día 20/10: celebración das eleccións.
VOTO POR CORREO
Solicitarase do 15/09 ao 10/10, segundo o recollido no artigo 39 dos Estatutos:
- A persoa electora solicitará da secretaría do colexio, a partir da convocatoria e ata o décimo día anterior ao da votación, un certificado de inscrición no censo.
- A solicitude deberá formularse persoalmente ou por medio dunha persoa debidamente autorizada para representalo.
- O/a secretario/a do colexio comprobará a identidade da persoa solicitante e, de ser o caso, a da representante, así como a autenticidade da representación e, logo de comprobación da inscrición no censo, expedirá o certificado solicitado, realizando a anotación correspondente no censo, co fin de que o día das eleccións non se realice o voto persoalmente.
- Tan pronto como estean dispoñibles, o/a secretario/a do colexio remitiralle á persoa electora ao domicilio por ela indicado ou, na súa falta, ao que figure no censo, as papeletas e os sobres electorais xunto co certificado mencionado no punto anterior.
- A persoa electora, unha vez cuberta a papeleta do voto, introduciraa no sobre de votación e pecharao. Incluirá o sobre de votación e o certificado no sobre dirixido á mesa e remitirallo por correo certificado.
- O/a secretario/a do colexio conservará ata o día da votación toda a correspondencia electoral e trasladaraa á mesa electoral á hora en que teña lugar o comezo das votacións. Así mesmo, seguirá dando traslado da que poida recibirse nese día ata a hora en que finalicen as votacións.
CENSO: Accede ao censo
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS:
- Accede ao formulario de presentación de candidatura individual
- Accede ao formulario de presentación candidatura conxunta