Saúdo do presidente
Benvido/a á web do COLEF Galicia, o Colexio Oficial que representa ao colectivo de Educadores/as Físico Deportivos/as (EFD) de Galicia.
Afrontamos retos de gran magnitude:
- Defender os intereses das persoas tituladas en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
- Representar a investigadores/as, docentes, readaptadores/as físicos/as, adestradores/as e xestores/as deportivos/as en Galicia.
- Garantir o exercicio profesional seguro e de calidade no ámbito público e privado.
- Velar polo recoñecemento social e institucional da profesión incluíndo a ordenación do exercicio profesional.
- Promover boas prácticas e estándares éticos no sector da actividade física e do deporte.
- Impulsar o desenvolvemento profesional continuo e a actualización formativa.
- Contribuír á mellora da saúde, o benestar e a calidade de vida da cidadanía a través da actividade física.
Desexamos que esta sexa a casa dos/das profesionais que prestan servizos na educación física e o deporte e queren trasladar unha máxima calidade da práctica deportiva e compromiso ético coa cidadanía e o propio colectivo.
Grazas por achegarte.
Forma xurídica
Somos unha entidade sen ánimo de lucro, entendida como unha corporación de dereito público amparada pola lei e recoñecida polo Estado e pola Comunidade Autónoma de Galicia, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins, exercendo as súas competencias na Comunidade Autónoma de Galicia.
Denominación
Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e o Deporte de Galicia (COLEF Galicia).
Lexislación de referencia
Real decreto 1913/1983, do 25 de maio, sobre constitución, por segregación, do Colexio Oficial de Profesores de Educación Física de Galicia.
Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Decreto 22/2008, do 31 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia.
CONTACTO
📍
📞
✉️
Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (Estracto da modificación da Lei 11/2001 de colexios profesionais de Galicia).
Decreto 107/2020, de 23 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e o Deporte de Galicia.
Historia
O COLEF Galicia é unha corporación que se creou no ano 1983 por segregación do Colexio Central.
Protexe os intereses dos e das Profesionais Titulados/as Universitarios/as en CCAFD (docentes, investigadores/as, adestradores/as, xestores/as deportivos/as, readaptadores/as físicos/as…), no ámbito público e privado.
Actualmente, somos case 1200 profesionais colexiados/as, sendo moitos deles importantes referentes nacionais e internacionais da nosa profesión. Contamos con 150 precolexiados/as, estudantes do grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte en Galicia, que se ocupan e preocupan do seu futuro.
Estatutos
Documentos que regulan o funcionamento deste colexio profesional e como se organiza a profesión en Galicia.
Neles establécese:
- A finalidade do Colexio, que é ordenar e defender o exercicio profesional das Ciencias da Actividade Física e do Deporte, garantir a calidade do servizo e protexer á cidadanía.
- Os dereitos e deberes das persoas colexiadas, incluíndo participación, representación e cumprimento ético.
- A estrutura de goberno, formada pola Asemblea Xeral (órgano supremo) e a Xunta de Goberno (órgano executivo).
- O réxime económico, que regula cotas, orzamentos e xestión de recursos.
- O réxime disciplinario, que asegura o cumprimento das normas deontolóxicas e profesionais.
En definitiva, os Estatutos son a norma básica e garante o bo funcionamento do Colexio, a transparencia na súa xestión e a defensa da profesión.
Podes consultar os estatutos actuais, recollidos no Decreto 107/2020, do 23 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia. Consulta
Ademais, o COLEF Galicia está integrado no Consello Xeral estatal e, en consecuencia, encóntrase sometido tamén ao “Estatuto General de los Ilustres Colegios Oficiales de Licenciados en Educación Física y en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte de España y de su Ilustre Consejo General”.
Identidade corporativa
Denominación oficial: Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e o Deporte de Galicia.
Denominación técnica: COLEF Galicia.
Logotipos: