Seleccionar página

INDICE

 CONTÍTULO:

Exercicio físico e readaptación física en persoas con lumbalxia, cervicalxia e diferentes patoloxías espondiloartrósicas lumbares e cervicais.

XUSTIFICACIÓN:

Obsérvanse varias cuestións fundamentais na atención de persoas con patoloxías osteomusculares:

  • Falta de comunicación e falta de coñecemento entre o traballo dos diferentes profesionais de atención ao pacente/usuarios con lumbalxias e cervicalgias ou outras patoloxías espondiloartrósicas.
  • Barreira artificial e inventada, por unha banda, e un déficit claro na formación dos diferentes profesionais, por outro, que causan que uns profesionais non coñezan o que os outros fixeron, están a facer ou pretenden conseguir cos tratamentos ou accións que levan a cabo cos pacentes/usuarios que padecen ditas patoloxías.
  • Existe, de modo xeralizado, desde a rehabilitación física e a fisioterapia dos pacentes con lumbalxias e cervicalxias ou outras patoloxías espondiloartrósicas, unha utilización de métodos e contidos de tratamento sen evidencia científica, con pouca evidencia ou de mala calidade ou, mesmo, con evidencia da súa inefectividade. Pola contra, diversos tratamentos ou actividades, fundamentalmente o exercicio físico de certas características, teñen ampla evidencia científica para a súa utilización no tratamento/readaptación destes pacentes e, actualmente non está a ser utilizado de modo xeneralizado nin correcto.

LUGAR:

Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra

DATAS:

14 e 15 de outubro de 2022

HORARIO:

  • 14/10 (16:00-20:00 h)
  • 15/10 (09:00-14:00 e 15.30-18:30 h)

PREZO:

  • 180 € Xeral
  • 120 € Estudantes, colexiados, precolexiados, persoas PARO/ERTE/FM, entidades con convenio

OBXECTIVO PRINCIPAL:

Coñecer a evidencia científica actual en relación ao EF e a readaptación física en persoas con patoloxía espondiloartrósica lumbar e cervical (EAL e EAC)

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

  • Coñecer as patoloxías espondiloartrósicas lumbares e cervicais.
  • Coñecer os tratamentos médico-cirúrxicos das patoloxías
    espondiloartrósicas lumbares e cervicais.
  • Coñecer a evidencia científica actual en relación á readaptación física e exercicio físico en persoas con patoloxía espondiloartrósica lumbar e cervical.
  • Coñecer e identificar as características das diferentes patoloxías.
    espondiloartrósicas e dos seus tratamentos médico-cirúrxicos como factores determinantes e condicionantes na prescrición de exercicio físico para persoas coas devanditas patoloxías.
  • Ter os coñecementos necesarios para a correcta prescrición de exercicio físico para persoas con patoloxía espondiloartrósica lumbar e cervical.
  • Coñecer as diferentes liñas de investigación en exercicio físico para persoas con patoloxías espondiloartrósicas lumbares e cervicais.

CONTIDOS:

  1. Patoloxía espondiloartrósica lumbar e o seu tratamento médico-cirúrxico: – Lumbalxia mecánica inespecífica.
  • Dor radicular lumbar e patoloxía discal lumbar.
  • Estenosis de canle lumbar.
  • Espondilolistesis dexenerativa.
  1. Patoloxía espondiloartrósica cervical e o seu tratamento médico-cirúrxico:
  • Cervicalgia mecánica inespecífica.
  • Dor radicular cervical e patoloxía espondilodiscartrósica cervical.
  • Mielopatía cervical espondiloartrósica.
  • Síndrome de lategazo cervical.
  1. Evidencia científica actual en relación ao exercicio físico na patoloxía espondiloartrósica lumbar.
  2. Evidencia científica actual en relación ao exercicio físico na patoloxía espondiloartrósica cervical.
  3. Casos clínicos e práctica de prescrición de exercicio físico en persoas con patoloxía espondiloartrósica lumbar.
  4. Casos clínicos e práctica de prescrición de exercicio físico en persoas con patoloxía espondiloartrósica cervical.
  5. Exposición práctica de diferentes exemplos de sesións de exercicio físico para persoas con patoloxía espondiloartrósica lumbar.
  6. Exposición práctica de diferentes exemplos de sesións de exercicio físico para persoas con patoloxía espondiloartrósica cervical.

DURACIÓN:

12 horas presenciais

METODOLOXÍA:

  • Clases expositivas
  • Casos clínicos reales
  • Resolución de casos por grupos
  • Exposición práctica de exemplos de sesións tipo de exercicio físico
  • Proba test de coñecementos
  • Enquisa de satisfacción

Dr. Pedro Reimunde Figueira

  • Licenciado en Medicina
  • Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte
  • Diplomado en Fisioterapia
  • Facultativo do área de neurociruxía no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo

X