INDICE
MATRÍCULA
TÍTULO:
Tratamento médico-quirúrxico e prescrición de exercicio físico en persoas e deportistas con lumbalxia, cervicalxia e diferentes patoloxías espondiloartrósicas lumbares e cervicais: un enfoque para educadores físico deportivos basado na evidencia científica.
XUSTIFICACIÓN:
Obsérvanse varias cuestións fundamentais na atención de persoas con patoloxías osteomusculares:
- Falta de comunicación e falta de coñecemento entre o traballo dos diferentes profesionais de atención ao pacente/usuarios con lumbalxias e cervicalgias ou outras patoloxías espondiloartrósicas.
- Barreira artificial e inventada, por unha banda, e un déficit claro na formación dos diferentes profesionais, por outro, que causan que uns profesionais non coñezan o que os outros fixeron, están a facer ou pretenden conseguir cos tratamentos ou accións que levan a cabo cos pacentes/usuarios que padecen ditas patoloxías.
- Existe, de modo xeralizado, desde a rehabilitación física e a fisioterapia dos pacentes con lumbalxias e cervicalxias ou outras patoloxías espondiloartrósicas, unha utilización de métodos e contidos de tratamento sen evidencia científica, con pouca evidencia ou de mala calidade ou, mesmo, con evidencia da súa inefectividade. Pola contra, diversos tratamentos ou actividades, fundamentalmente o exercicio físico de certas características, teñen ampla evidencia científica para a súa utilización no tratamento/readaptación destes pacentes e, actualmente non está a ser utilizado de modo xeneralizado nin correcto.
LUGAR:
Facultade Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Pontevedra
DATAS:
19 e 20 de abril de 2024
HORARIO:
- 19/04 (16:00-20:00h)
- 20/04 (09:00-14:00h/15.30-18:30h)
PRAZAS (LIMITADAS)
- 30 por orde de inscrición (*Mínimo de inscritos necesarios para a realización do curso 18)
PREZO:
- 160€ (Colexiados, precolexiados, persoas PARO/ERTE/FM, entidades con convenio)
- 180€ (Estudantes CCAFD)
- 240€ (Xeral)
OBXECTIVO PRINCIPAL:
Coñecer a evidencia científica actual en relación ao EF e a readaptación física en persoas con patoloxía espondiloartrósica lumbar e cervical (EAL e EAC)
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
- Coñecer as patoloxías espondiloartrósicas lumbares e cervicais.
- Coñecer os tratamentos médico-cirúrxicos das patoloxías
espondiloartrósicas lumbares e cervicais. - Coñecer a evidencia científica actual en relación á readaptación física e exercicio físico en persoas con patoloxía espondiloartrósica lumbar e cervical.
- Coñecer e identificar as características das diferentes patoloxías.
espondiloartrósicas e dos seus tratamentos médico-cirúrxicos como factores determinantes e condicionantes na prescrición de exercicio físico para persoas coas devanditas patoloxías. - Ter os coñecementos necesarios para a correcta prescrición de exercicio físico para persoas con patoloxía espondiloartrósica lumbar e cervical.
- Coñecer as diferentes liñas de investigación en exercicio físico para persoas con patoloxías espondiloartrósicas lumbares e cervicais.
CONTIDOS:
- Patoloxía espondiloartrósica lumbar e o seu tratamento médico-cirúrxico: – Lumbalxia mecánica inespecífica.
- Dor radicular lumbar e patoloxía discal lumbar.
- Estenosis de canle lumbar.
- Espondilolistesis dexenerativa.
- Patoloxía espondiloartrósica cervical e o seu tratamento médico-cirúrxico:
- Cervicalgia mecánica inespecífica.
- Dor radicular cervical e patoloxía espondilodiscartrósica cervical.
- Mielopatía cervical espondiloartrósica.
- Síndrome de lategazo cervical.
- Evidencia científica actual en relación ao exercicio físico na patoloxía espondiloartrósica lumbar.
- Evidencia científica actual en relación ao exercicio físico na patoloxía espondiloartrósica cervical.
- Casos clínicos e práctica de prescrición de exercicio físico en persoas con patoloxía espondiloartrósica lumbar.
- Casos clínicos e práctica de prescrición de exercicio físico en persoas con patoloxía espondiloartrósica cervical.
- Exposición práctica de diferentes exemplos de sesións de exercicio físico para persoas con patoloxía espondiloartrósica lumbar.
- Exposición práctica de diferentes exemplos de sesións de exercicio físico para persoas con patoloxía espondiloartrósica cervical.
DURACIÓN:
14 horas presenciais
METODOLOXÍA:
- Clases expositivas
- Casos clínicos reales
- Resolución de casos por grupos
- Exposición práctica de exemplos de sesións tipo de exercicio físico
- Proba test de coñecementos
- Enquisa de satisfacción
Dr. Pedro Reimunde Figueira
- Licenciado en Medicina
- Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte
- Diplomado en Fisioterapia
- Facultativo do área de neurociruxía no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo