Publicado no DOG Núm 215 de 10 de novembro de 2021 o Decreto 152/2021, do 21 de outubro, polo que se regulan as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático, información e primeiros auxilios nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas na Comunidade Autónoma de Galicia, entroutras, coas seguintes novidades para acceder ao rexistro:
- O alumnado dos novos Ciclos Formativos poden acceder directamente ao rexistro de instalacións acuáticas unha vez rematada esta formación.
- O alumnado do Grado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que superen a materia de Socorrismo e a súa didáctica, tamén poden acceder directamente ao rexistro en Instalacións Acuáticas e tamén en Espazos Acuáticos Naturais.