O COLEF Galicia ven de denunciar ante a Secretaría Xeral para o Deporte un caso de exercicio irregular. O Colexio solicita que se realice a inspeción oportuna a unha persoa que ofrece servizos profesionais deportivos na localidade de Monforte (Lugo), para que se comprobe a titulación que ostenta e faga cumprir a Lei do Deporte de Galicia.
O artigo 5. i) da mencionada Lei atribúe á Administración da Comunidade Autónoma exercer a potestade sancionadora e a función inspectora en materia de deporte. Asemade o artigo 113 establece que a función inspectora en materia de deportes exerceraa o persoal funcionario adscrito ao órgano administrativo que teña atribuída a competencia en materia de deportes. A Administración de a Comunidade Autónoma, en o ámbito das súas competencias, habilitará ao seu persoal funcionario para exercer esta función inspectora.
Accede ás atribucións autonómicas en materia de inspección deportiva