Os precolexiados Rebeca Otero e Daniel Peral están hoxe (9 de xuño) no stand do COLEF Galicia en Área Central (Santiago) para colaborar no Día do Deporte Solidario e vos informar de todas as dúbidas que teñades e aconsellarvos en relación coa práctica deportiva. Estes dous voluntarios realizan tamén obradoiros de valoración dinanométrica.
Non deixedes de pasar por alí! A xornada, ademais de divertida, ten como obxectivo recadar fondos para a Asociación Compostelana de Esclerose Múltiple. Esta cuarta edición do Día do Deporte Solidario organízase coincidindo co 25º aniversario de Área Central.