Seleccionar página

Diego Vilas Casal é o novo xerente interino do COLEF Galicia. Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC e titulado tamén en Maxisterio (Educación Física), pon agora a súa ampla experiencia en diferentes ramas da profesión ao servizo do Colexio. Do seu posto espera aprender e axudar moito, e ser un bo representante dos colexiados e colexiadas.

Na súa opinión a mellor forma de reivindicar a profesión e de loitar contra o intrusismo é ter un número de colexiado: “é a mellor carta de presentación”, di. Para saber máis preme aquí