Aledámonos de que en Galicia se comezara a traballar nun plan de actividade física comunitaria. Os/as Educadores/as Físico Deportivos/as somos a referencia a ter en conta polas administracións autonómica e local, pero convén que todos/as llo sigamos recordando.
12/05/2020. A Xunta e FEGAMP coordinan un programa que mellore a saúde da poboación a través da actividade física. O Secretario Xeral para o Deporte continuou o traballo xa comezado coa FEGAMP para a elaboración dun programa transversal con outros departamentos da Xunta como Sanidade ou Política Social que contribúa á mellora da saúde, o benestar e a calidade de vida dos usuarios do sistema sanitario mediante a prescrición de exercicio e actividade física a través dun promotor de exercicio, que adaptará, seguirá e avaliará a execución individual da actividade nos recursos dispoñibles dos concellos participantes. Accede á nova