Reunida a Xunta de Goberno do COLEF Galicia, en uso das atribucións que lle confire o artigo 26º dos Estatutos vixentes e coa antelación necesaria á expiración do seu mandato, acorda convocar Eleccións para prover os cargos da Xunta de Goberno para os catro próximos anos.
As Eleccións celebraranse o 11 de outubro de 2019 e o proceso realizarase de acordo co exposto no Título IV, Capítulo II, Sección segunda dos Estatutos do COLEF Galicia, sobre a elección e cesamento dos cargos da Xunta de Goberno.