Seleccionar página

 

Poñémonos en total disposición dos partidos políticos para afondar nestas propostas básicas así como noutras que teñen tamén a súa importancia e de seguro serán do seu interese.

1. ORDENACIÓN DAS OCUPACIÓNS DO DEPORTE

  • En Galicia aínda seguimos a agardar que se inicie esta indispensable ordenación, mentres son nove as comunidades do estado que xa o fixeron e a maioría das restantes están a traballar na elaboración das súas respectivas normas. Esta falla de regulación no sector supón un prexuízo grave para a sociedade galega en xeral e para os usuarios de servizos deportivos en particular

2. EDUCACIÓN FÍSICA DE CALIDADE NO SISTEMA EDUCATIVO

  • Implantación dun mínimo de 3 clases semanais de Educación Física dende a educación infantil ata o bacharelato
  • Mellora e adaptación das instalacións e dos equipamentos deportivos existentes nos centros educativos
  • Esixencia de posesión de titulación universitaria en ciencias da actividade física e do deporte como requisito indispensable para a docencia da Educación Física no ensino secundario

3. INCLUSIÓN DA EDUCACIÓN FÍSICA E DEPORTIVA NO SISTEMA DE SAÚDE

  • Creación de unidades de exercicio físico dentro do sistema público de saúde dirixidas por educadores/as físico deportivos/as
  • Fomento da axeitada práctica regular de deporte saudable dende as diferentes administracións públicas galegas

Ver documento completo.

 

A continuación os programas políticos presentados:

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO. Descargar

 

  • Impulsar a inclusión do persoal Graduado en Ciencias da Actividade Física e do deporte no sistema sanitario con funcións de prevención, rehabilitación e re-adaptación. Creación de unidades de exercicio físico dentro do sistema público de saúde, dirixidas por persoal titulado en educación físico deportiva.

  • Modificar a Lei Galega do Deporte incluíndo os anteriores aspectos programáticos así como a regulación de competencias en materia de titulacións mínimas para a xestión e impartición de actividades físico deportivas, impulsando a figura do persoal Graduado na Actividade Física e Deportiva como a necesaria para prescribir exercicio físico a todos os niveis. Desenvolvemento do Decreto que determine o título habilitante para cada prestación de servizos deportivos.