Seleccionar página
O COLEF Galicia, a través da súa colexiada Carla da Silva, está a participar no Grupo de Traballo Deporte e Discapacidade da Xunta de Galicia, xunto con outras entidades relacionadas con este ámbito. Co obxectivo de avaliar a situación actual das oportunidades de práctica deportiva para persoas con discapacidade na nosa comunidade, veñen de crear dúas enquisas: unha para servizos e entidades deportivas, e outra para deportistas con discapacidade. Os datos obtidos a través destas enquisas permitirán elaborar unha guía con recomendacións para mellorar o acceso de toda a cidadanía galega ao deporte.

 

Se es un/ha profesional do deporte, formas parte dunha entidade ou servizo deportivo, podes participar neste estudo cubrindo o “Cuestionario de servizos deportivos para persoas con discapacidade“:

Se es un/ha deportista con discapacidade, podes participar no estudo cubrindo o «Cuestionario sobre hábitos deportivos para persoas en situación de discapacidade»

 

A participación nestas enquisas estará dispoñible ata o 30 de outubro.

Moitas grazas pola túa participación.