“DISTINTIVO EFD®: “MÁXIMA GARANTÍA PROFESIONAL” O distintivo #EFD é un selo de calidade que outorga o COLEF Galicia ás empresas e entidades que cumpren cos máis altos estándares de profesionalidade no ámbito da educación física e o deporte”
Antón Gamallo #EFD Nº 59.652 – Belén Ballesta #EFD Nº 69.787 – Unai Hernández #EFD Nº 71.878
Para AB Active Balance, a colexiación supón un respaldo profesional e unha mostra de compromiso co noso traballo como profesionais da actividade física. Consideramos moi importante exercer a nosa profesión desde a responsabilidade, a formación continua e o rigor profesional, especialmente cando traballamos coa saúde e o benestar das personas.
Ser profesionais colexiados apórtanos seguridade, credibilidade e confianza, tanto a nivel profesional, como de cara ás persoas que deciden poñerse nas nosas mans. Ademais, representa a importancia de seguir defendendo e valorando unha profesión que debe estar sempre dirixida por profesionais cualificados.
Enorgullécenos recalcar que todos os profesionais que formamos parte de Active Balance, posuímos a titulación universitaria de Ciencias en Actividade física e do Deporte e estamos colexiados no Colef Galicia, coas garantías de boa práctica deportiva que nos outorga dito colexio profesional.
Porque, para a mellora da nosa profesión, a colexiación non é unha opción: é unha obriga.
