Seleccionar páxina

“DISTINTIVO EFD®: “MÁXIMA GARANTÍA PROFESIONAL” O distintivo #EFD é un selo de calidade que outorga o COLEF Galicia ás empresas e entidades que cumpren cos máis altos estándares de profesionalidade no ámbito da educación física e o deporte”.

Xoel Goldar #EFD Nº 61.937 – José Antonio Pinaque #EFD Nº 61.913 – Yago López #EFD Nº 72.846

En XGAP Fitness Center recibimos con orgullo o Distintivo de Centro de Referencia outorgado polo COLEF Galicia, un recoñecemento que avala o noso compromiso ca calidade, profesionalidade e excelencia na Educación Física Deportiva.

Este distintivo pon en valor a importancia de contar con profesionais cualificados e colexiados, garantizando á cidadanía un servizo seguro, ético e basado no coñecemento científico. A colexiación non só dignifica a nosa profesión, tamén protexe e fortalece o papel fundamental que desempeñamos na saúde, no benestar e na calidade de vida das persoas.

O noso agradecemento ó COLEF Galicia por impulsar iniciativas que visibilicen y recoñezan o traballo dos Educadores Físico Deportivos. Seguiremos traballando ca mesma responsabilidade, paixón e compromiso que nos trouxeron ata aquí.