Seleccionar página

Os/as mellores preparadores/as físico deportivos/as de Galicia, algúns pioneiros e con gran prestixio a nivel nacional e internacional, pertencen ao COLEF Galicia desde hai anos, e por eso son unha referencia para nós. ¿POR QUE?

Por varias razóns: máximo compromiso coa profesión e ética profesional, asesoramento legal, defensa xurídica, seguro de responsabilidade civil, información sectorial…

Moitos/as egresados/as o descoñecen, pero para exercer profesionalmente é preciso estar colexiado/a, por eso a Real Federación Galega de Fútbol e o COLEF Galicia teñen firmado un convenio polo que pretenden propiciar a mellora das condicións e seguridade dos profesionais adicados á preparación física no fútbol en Galicia, para o que é preciso ter contrastado a titulación de Licenciado/Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. O COLEF Galicia pode consultar con garantías que TU CCAFD ten a titulación oficial necesaria nun momento determinado, requisito esixido pola RFGF para poder exercer como preparador físico de fútbol en Galicia.

O COLEF Galicia ofrece a todos aqueles TU CCAFD que desenvolvan as súas tarefas no ámbito da RFGF unhas condicións favorables para inscribirse como colexiados exercentes, eliminando a cota de alta en calquer momento do ano, o que suporá un aforro considerable nos gastos de colexiación. A RFGF ofrece un desconto do 30% nas súas formacións para os preparadores físicos e readaptadores físicos colexiados.

Calquer consulta, estamos á túa disposición: colef@colefgalicia.com – 698177305

*Accede á información e formulario de colexiación