O sábado 13 de setembro estivemos presentes en “Medrando con Diabetes”, a xornada organizada por ANEDIA no Edificio Cersia Empresa de Santiago.
Un encontro de referencia en Galicia que reuniu a pacientes, familias e profesionais para compartir experiencias, coñecementos e avances arredor da diabetes tipo 1, cun obxectivo común: mellorar a calidade de vida das persoas que conviven con esta enfermidade.
Desde o COLEF Galicia celebramos espazos como este, onde a actividade física segura e adaptada, guiada por profesionais cualificados, ten un papel clave xunto coa educación, a nutrición e o acompañamento psicolóxico.
Parabéns a ANEDIA pola organización e a todos os expertos/as participantes por seguir construíndo redes de apoio, formación e innovación para unha sociedade máis saudable.