O pasado 23 de xaneiro estivemos na Carreira de San Xiao 2022, invitados polo Concello de Ferrol. Realizamos o quecemento activo previo e entregamos material publicitario con consellos sobre actividade física e unha listaxe de contactos de Educadores/as Físico Deportivos/as especialistas en Adestramento. Numerosas persoas achegáronse ao stand, onte tamén se realizaron diferentes dinamometrías e informacións técnicas.