O pasado venres 27 de septembro estivemos en Pontevedra participando na V FEIRA do PONTESÁN, cun stand corporativo no que se trasladou a todas as persoas que nos visitaron, asociacións e entidades que participaron, información sobre como identificar aos Educadores/as Físico Deportivos/as e como o número de colexiado/a é sinónimo de seguridade e calidade na prestación de servizos relacionados, neste ocasión, coa saúde.
Asemade participamos con duas oratorias:
“Hábitos de Vida saudables”; xunto con ANEDIA e COP GALICIA
“Exercicio físico para persoas con diversidade funcional”. Impartido por Joan Rodríguez Barnada EFD 69.619
Nesta xornada tamén levamos información de todas e todos os/as EFD que quixeron participar , dando a coñecer especialistas en diferentes patoloxías ,e que están repartidas/os por toda a xeografía galega. Agradecerlles a súa participación e bo facer coa profesión.
Accede a listaxe de #EFD ESPECIALISTAS
Agradecer aos organizadores da V FEIRA PONTESÁN seguir contado co COLEF Galicia, para trasladar ,a importancia de contar con Educadores/as Físico Deportivos/as para coidar, mellorar e ter unha saúde máis forte e en movemento.