Seleccionar páxina

A Receita Deportiva en Galicia segue avanzando e dende o COLEF Galicia estamos plenamente comprometidos co seu desenvolvemento e con programas como Adestra a túa Saúde que conta con EFD.

O 21 de xullo asistimos ao Foro Receita Deportiva, organizado polo Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar.

Grazas a todos os colexiados e colexiadas que participastes con tanto compromiso:

  • Mikel Izquierdo EFD nº 8.740 (Catedrático UPNA)
  • Pedro Iglesias EFD nº 9.227 (Presidente do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar)
  • Óscar García EFD nº 52.281 (Decano da Facultade de Ciescias da Educación e do Deporte de Pontevedra)
  • Iván Clavel EFD nº 52.434 (Xerente Fundación Deporte Galego)
  • Carla Da Silva EFD nº 58.329 (Dirección Técnica de Proxectos do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar)

Unha mención especial á inspiradora ponencia de Mikel Izquierdo, que achegou unha visión científica e clave para o futuro da actividade física e a saúde.

Máis alá da nosa presenza, participamos de forma activa nos obradoiros de traballo previos, achegando a nosa visión técnica para que a implantación da receta deportiva sexa un éxito real, seguro e sostible.

A importancia do profesional axeitado.
Queremos lembralo de forma clara e rotunda: para a aplicación de exercicio e actividade física en persoas con patoloxías, diversidade funcional ou condicións especiais, é IMPRESCINDIBLE contar coas e cos Educadores/as Físico Deportivos/as (EFD).

Coa saúde non se xoga. A programación e supervisión do exercicio físico como ferramenta de saúde pública require rigor científico, cualificación universitaria con colexiación e a máxima seguridade para a cidadanía.

¡Seguimos traballando para que a profesión estea no lugar que lle corresponde na saúde de Galicia!