Seleccionar página

Os malos hábitos de vida na infancia e a adolescencia son unha preocupación a nivel internacional na última década polo impacto que teñen no propio proceso de crecemento, nas relacións coa contorna, e na saúde a medio e longo prazo. No caso das persoas con diabetes tipo 1, unha enfermidade crónica de orixe autoinmune que require un manexo coidadoso, esta situación é incluso máis complexa.

Co desexo de poder axudar a mellorar a calidade de vida da ciudadanía desde diversos ámbitos de coñecemento, e grazas a unha iniciativa de colaboración interprofesional inédita en Galicia, un total de dez responsables e colaboradores/as da Asociación Anedia, o Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e o Colexio Oficial de Educadores/as Físico Deportivos/as de Galicia, comenzaron no ano 2023 un estudo sobre os hábitos saudables entre poboación infantil e xuvenil con diabetes tipo 1.

Nun tempo no que os avances científicos achegan novos escenarios antes inalcanzables, os datos recollidos neste estudo ofrecen unha instantánea dunha poboación moi consciente de todo o esforzo e coidados que require a súa enfermidade, pero cunha marxe de mellora en cuestións que afectan aos hábitos saudables, en particular á necesidade de incrementar o coñecemento, a atención profesional, e o traballo multidisciplinar.

Achegámoslle aquí o documento completo do estudo, e aproveitamos para anunciar que nas vindeiras semanas pretendemos organizar un acto público no que compartir os resultados directamente coa sociedade civil e profesional, poder debatir sobre as súas implicacións e asemade visibilizar as oportunidades que xorden para seguir colaborando interprofesionalmente nesta liña.