Seleccionar página

Os colexiados/as do COLEF Galicia teñen a oportunidade de ver ao Ballet de Moscú nas súas vindeiras actuacións en Pontevedra, Vigo e Santiago cun desconto que lles permitirá conseguir ata catro entradas por un prezo de 20 euros cada unha (15 € menos que o seu custo normal). As persoas interesadas deberán realizar a compra ata o 22 de xuño a través de www.ataquilla.com aplicando os códigos promocionais que figuran nos carteis. O Ballet de Moscú levará o seu espectáculo “Don Quijote”  ao auditorio de Afundación en Pontevedra o día 6 de xullo, e ao teatro Afundación de Vigo ao día seguinte. No auditorio de Abanca en Santiago representará “O lago dos cisnes” o 8 de xullo.