Seleccionar página

FEIRA PONTESÁN, FEIRA DA SAÚDE E O BENESTAR DE PONTEVEDRA

27setTodo o día28FEIRA PONTESÁN, FEIRA DA SAÚDE E O BENESTAR DE PONTEVEDRA

Detais do evento

O 27 de setembro estaremos na Feira Pontesán, Feira dá Saúde e o Benestar de Pontevedra, non deixes de visitar a caseta corporativa do COLEF Galicia con información cos EFD especialistas de Galicia, nin de asistir as actividades programadas.

*PRESENTACIÓN DO ESTUDO DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES

*EXERCICIO FÍSICO PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

PonteSán é a feira de saúde e benestar máis grande de Galicia, nacida en Pontevedra en 2020 cando aínda estabamos a saír da maior crise sanitaria do século. O obxectivo de Pontesán é ofrecer á cidadanía información sobre saúde, benestar e estilo de vida saudable, dunha forma próxima, amena e lúdica. Un evento pensado para todos os públicos, que ofrece aos visitantes diferentes áreas, onde se desenvolven talleres, actividades, e conferencias.

PonteSán serve como escaparate para institucións, asociacións e profesionais relacionados co ámbito sanitario, que participan na feira dando a coñecer a súa actividade e os seus servizos. Nas casetas de PonteSán atopamos asociacións de profesionais odontólogos, fisioterapeutas, geriatras e ópticos entre outros. Tamén contan cun espazo en PonteSán institucións gobernamentais como os Ministerios de Igualdade, Sanidade e Consumo, o Concello de Pontevedra e a Deputación. Doutra banda, acompáñannos asociacións de diversidade sensorial, de tratamento da ludopatía, de Defensa da Sanidade Pública, de persoas con discapacidade, ELA, ademais, de asociacións deportivas e de promoción da saúde.

+INFORMACIÓN

Máis

Tempo

setembro 27 (Venres) - 28 (Sábado)