Seleccionar página

abril, 2021

21abr(abr 21)9:30 am22(abr 22)6:30 pmGALICIA SPORTECH CONGRESS

Detais do evento

O sportech prepárase para crecer en 2021 tras a freada do Covid. Algúns dos principais protagonistas do sector daranse cita na primeira edición de Galicia Sportech Congress, os días 21 e 22 de abril, un evento para “fomentar e conectar o ecosistema innovador da industria do deporte”.

O ecosistema innovador da industria do deporte darase cita no congreso, dando voz aos principais axentes transformadores do deporte en España e América Latina, desde emprendedores ata líderes da industria, pasando por organizacións deportivas e deportistas profesionais.

O Galicia Sportech Congress “nace coa misión de proporcionar unha plataforma de networking que promova a transformación dixital na industria do deporte”, coa intención de xerar impacto positivo tanto no deporte como na saúde da sociedade no seu conxunto, a economía, o turismo e o medio ambiente.

+INFORMACIÓN

Tempo

21 (Mércores) 9:30 am - 22 (Xoves) 6:30 pm


X