Seleccionar página

I FORO INTERNACIONAL COLEF

22out5:00 pm1:00 amI FORO INTERNACIONAL COLEF

Detais do evento

QUERES COÑECER COMO SE ATOPA A PROFESIÓN DA EDUCACIÓN FÍSICA E DEPORTIVA NOUTROS PAÍSES? ¡NON te PERDAS O FORO INTERNACIONAL COLEF!

As relacións internacionais do Consello Xeral da Educación Física e Deportiva (Consello COLEF) están a se ver impulsadas nos últimos meses. Froito diso é o próximo evento virtual I FORO INTERNACIONAL COLEF que se organiza en conxunto con outras organizacións profesionais que integran aos/ as educadores/ as físico deportivos/ as en diferentes países. O ‘Foro Internacional COLEF’, conta a participación dos representantes dos colexios e asociacións profesionais de Colombia, Arxentina, Chile, Brasil, Portugal e España, co obxectivo de identificar os aspectos relacionados co recoñecemento da idoneidade do talento humano ao servizo da educación física, a actividade física e o deporte, desde a mirada destas organizacións.

Este encontro abordará o contexto da profesión en cada país, a súa titulación de acceso e a súa regulación. Coñeceremos cal é a profesión con maior cualificación do sector da educación física, a actividade física e o deporte e como se denomina en cada país, explorarase a diferenza entre os/ as profesionais da Educación Física e Deportiva co persoal técnico e tamén se tratará a importancia dos colexios profesionais.

+INFORMACIÓN

INSCRICIÓN GRATUITA 

Máis

Tempo

(Xoves) 5:00 pm - 1:00 am