Metodoloxías para desenvolver a condición física (alta intensidade, dinámicas motivadoras e adaptacións ao COVID-19) en Educación Física.
Detais do evento
Destinatarios: Profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP, Universidade, Estudantes, Profesionais da actividade física e o deporte. Modalidade: Actividade semipresencial Lugar de celebración da parte presencial: Pavillón deportivo do IES Rosalía
Detais do evento
Destinatarios: Profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP, Universidade, Estudantes, Profesionais da actividade física e o deporte.
Modalidade: Actividade semipresencial
Lugar de celebración da parte presencial: Pavillón deportivo do IES Rosalía de Castro. Rúa de San Clemente s/n. Santiago de Compostela.
Número de prazas: Mínimo de 10 e máximo de 30
Criterios de selección: Por orde de inscrición.
Horas: 10 horas
Prezo da matrícula: Xeral: 50 €. Reducido: 30 € (persoas colexiadas, afiliadas STEG, estudantes, en situación de desemprego ou ERTE, entidades conveniadas co COLEF Galicia)
Inscrición: Inscrición aberta ata o 7 de xuño A través do seguinte formulario
Pago: Mediante transferencia bancaria.
Temporalización:
- Venres 11 de xuño (on-line): 19:00-20:30 h
-Presentación: 19:00-20:30 h.
-Seguridade básica (teórica): 19:30-20:30 h.
- Sábado 12 de xuño (presencial): 10:00-14:00/15:30-19:00 h.
-Metodoloxías: 10:00-14:00/15:30-19:00 h.
-Seguridade básica (práctica): 17:30-18:30 h.
-Clausura e cuestionario de calidade/satisfacción: 18:30-19:00 h.
- Formulario en liña: 1 hora de libre elección durante a seguinte semana.
Obxectivos:
- Optimizar os recursos materiais, organizativos e económicos para mellorar as propostas de condición física nas nosas clases.
- Profundizar en metodoloxías, avaliación e coñecemento do currículum no traballo da condición física.
- Coñecer experiencias de éxito no desenrolo da condición física.
- Actualizarse en seguridade na educación física.
Contidos:
- Exercicio físico no alumnado.
- A aula de educación física.
- Avaliación da condición física na aula.
- Estratexias para o aproveitamento do tempo de compromiso motor.
- Seguimento da condición física no curso escolar.
- Exercicio físico de intensidade.
- Exercico físico fóra das horas curriculares de educación física.
- Materiais, tecnoloxía e mellora dos recursos económicos do departamento.
- Programas de innovación educativa en Galicia.
- Propostas de traballo con baralla, cartas gamificadas, xogos de mesa
- Prevención e manexo de riscos na educación física.
Metodoloxía: Trátase dun curso eminentemente práctico, polo que se propón o uso de recursos concretos a partir de boas experiencias no traballo da condición física.
Avaliación: Realizarase unha enquisa de valoración/satisfacción e as/os participantes terán dispoñible un cuestionario en liña, a realizar no prazo da semana posterior ao curso, sobre os contidos tratados no mesmo.
Certificado: Rematada a formación e a avaliación, enviarase un certificado de aproveitamento a cada participantes por parte do COLEF Galicia e STEG Galicia.
*Homologación pola Xunta de Galicia: Está solicitada a súa homologación pola Consellería de Educación para que poida ser computable nas valoracións de méritos.
Máis
Tempo
11 (Venres) 1:00 am - 12 (Sábado) 1:00 am
Carrito
Contacto
Horario:
INVERNO: De luns a venres de 09:00 a 15:00.
VERÁN (Do 1 de Xuño a 30 de Setembro): De luns a xoves de 09:00 a 14:30. Venres de 09:00 a 14:00.
Email: colef@colefgalicia.com AVISO: Neste intre non temos atención presencial en oficina