maio, 2022
25mai4:30 pm7:30 pmXornada de actualización antidopaxe
Detais do evento
A xornada estará organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Comisión Española para a Loita Antidopaxe no Deporte (CELAD), en colaboración coa UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas). Xornada
Detais do evento
A xornada estará organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Comisión Española para a Loita Antidopaxe no Deporte (CELAD), en colaboración coa UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas).
Xornada gratuíta de actualización antidopaxe que se desenvolverá en liña o vindeiro mércores, 25 de maio de 16.30 a 19.30 h.
Este domingo 22 remata o prazo de inscripción e matriculación que podes facelo da seguinte maneira:
1.- REXISTRO:
Entrar na Aula virtual da Escola Galega do Deporte à https://www.edu.xunta.gal/centros/escolagalegadeporte/aulavirtual/login/index.php
(Si é a túa primeira vez nesta aula deberás crear unha conta)
2.- INSCRICIÓN NA XORNADA:
Debaixo da descripción do curso no apartado de: Automatriculación (Alumno)
Introducir a chave de matrícula: dopaxe2022
A data de matrícula remata ás 23.55 h. do domingo 22 de maio de 2022.
3.- LIGAZÓN Á VIDEOCONFERENCIA:
O día anterior ao inicio da xornada enviarase as indicacións para acceder en liña á videoconferencia.
Enfocada a coñecer os cambios máis significativos de aplicación da nova lei da dopaxe, os contidos a desenvolver, tal e como se achega no cartel adxunto serán: valores e xogo limpo, conceptos xerais e aspectos psicolóxicos da dopaxe. Asemade, contarase coa presenza dunha persoa deportista galega de alto nivel que concretaremos nos vindeiros días e un representante da Garda Civil.
Calquera dúbida no mail: escolagalegadodeporte@xunta.gal ou nos teléfonos 881996367, 881996365, 881996362
Tempo
(Mércores) 4:30 pm - 7:30 pm