Máis de 200 persoas, entre adultos e escolares, pasaron o venres e o sábado pola carpa instalada polo COLEF Galicia na Festa do Deporte de Santiago, que celebrou a súa segunda edición. Alí puideron comprobar a súa forza en relación cos parámetros establecidos a través dos obradoiros de dinamometría que se levaron a cabo. A festa desenvolveuse en dúas localizacións, no Parque de Galeras e na Praza Roxa, e os auténticos protagonistas foron os escolares, aínda que houbo moita participación de xente de todas as idades.A actividade incluiuse nos actos de celebración da 4ª edición da Semana Europea do Deporte, mediante a cal a Comisión Europea anima a todas as persoas da Unión á práctica do deporte e a actividade física baixo o lema #BEACTIVE. No caso do Concello de Santiago tratábase de visibilizar a gran variedade de deportes, dando especial protagonismo aos minoritarios e ao deporte adaptado. |