Seleccionar páxina

O COLEF Galicia estivo presente na Feira Pontesán 2025, un espazo de referencia para a saúde e o benestar.

Durante a xornada tivemos a oportunidade de:

Dar a coñecer á cidadanía quen somos e que representan os/as nosos/as profesionais colexiados/as.

Trasladar información e contacto directo a usuarios e usuarias interesados na actividade físico-deportiva segura e de calidade.

Reunirnos con outras entidades participantes para buscar sinerxías e establecer novos nexos de unión en favor da contratación de EFD nas súas entidades e asociacións

Seguimos sumando esforzos para construír unha Galicia máis activa, saudable e comprometida coa excelencia profesional dos EFD.