Seleccionar página

Festa do deporte SCQ

O COLEF Galicia quere seguir mantendo a súa presenza naqueles eventos nos que sexa importante visibilizar a figura do profesional da educación física e o deporte. Nese senso, co gallo da Semana Europea do Deporte, imos participar na Festa do Deporte de Santiago de Compostela, os días 29 e 30 de setembro. A actividade terá lugar no Parque de Galeras, o día 29 para as familias (11:00-14:30 h) e o 30 para os escolares (10:30-14:00 h). 

Precisamos 2 voluntarios/as que desexen colaborar no obradoiro de dinamometría e consellos sobre actividade física que temos preparado. Cubriranse os gastos de desprazamento, dietas e expedirase un certificado de colaboración. Accede ao formulario de inscrición.


X