Finalizada a formación do COLEF Galicia, en colaboración con AMI (Asociación de Montañeiros Independentes), cun completo curso de escalada, no que as persoas colexiadas puideron actualizar competencias, mellorar a súa práctica profesional e afondar na seguridade e na técnica deste deporte.
– Unha formación práctica, rigorosa e orientada á realidade profesional.
– Un espazo para compartir coñecemento e fortalecer a comunidade EFD.
– Un exemplo máis do compromiso do COLEF Galicia coa actualización continua e coa calidade da intervención profesional no ámbito da actividade física e do deporte.
Grazas a AMI pola súa colaboración e ao alumnado pola súa participación activa. Seguimos creando oportunidades formativas que impulsen unha profesión sólida, competente e recoñecida.