Seleccionar página

Finalizamos con éxito o curso “Formación en Rendemento HIIT e CORE”, celebrado o pasado 1 de maio en colaboración con 7 QUALIS en Bertamiráns.

Queremos agradecer sinceramente ao docente Josemi del Castillo polo seu rigor profesional e a súa entrega durante toda a xornada. Tamén trasladamos o noso recoñecemento a todas as persoas participantes, pola súa implicación, interese e bo facer.

Desde o COLEF Galicia, seguimos apostando por unha formación de calidade e actualizada para os e as profesionais da Educación Física e Deportiva.

Grazas por formar parte desta xornada e a participación!