Seleccionar página

O pasado sábado 5 de abril de 2025, celebrouse con gran éxito o curso organizado por COLEF Galicia: “Integración da tecnoloxía na Educación Física”, impartido polo experto en innovación educativa Manel Rives.

Durante a xornada, exploráronse ferramentas e recursos para levar a Educación Física ao seguinte nivel:

  • Intelixencia Artificial aplicada á docencia.
  • Realidade aumentada e gamificación
  • Aplicacións tecnolóxicas para a orientación deportiva
  • Estratexias innovadoras con novas tecnoloxías no contexto escolar

Unha formación inspiradora que achega o presente e futuro da nosa profesión ao día a día das aulas.

Grazas a todas as persoas participantes pola vosa implicación e a Manel Rives por compartir coñecemento e paixón pola docencia!