O Día da Educación Física na Rúa celebróuse o día 17 de abril de 2024 co galo de seguir dando visibilidade á importancia da actividade física para evitar o sedentarismo, o aumento das horas de educación física para os nosos rapaces e rapazas, país e nais e a toda a sociedade da que formamos parte. Este ano relacionada coa saúde mental.
Galicia contou con 95 centros educativos e máis de 13.000 alumnos e alumnas participantes de primaria e secundaria.
En todas as actividades realizadas temos que agradecer a todos/as os docentes que fixeron realidade este día, concellos, protección civil, policía local e a todos os colaboradores que o fixeron posible.
Dende o COLEF Galicia agradecemos especialmente á colaboración do Grupo JIM Sports que fixo un donativo de camisetas e material a través da súa fundación e que foron repartidas para as actividades do DEFR que se realizaron na Estrada, Ourense e Mariña Lucense (Ribadeo).
ANEDIA (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes en Galicia) que participaron a través de Débora, de forma presencial, e con Mari e Estíbaliz dende a distancia na actividade realizada na Mariña Lucense, cun agasallo para cada un dos centros participantes con información sobre a diabetes.
Agradecer á Mariña Lucense a invitación ao COLEF Galicia para participar no DEFR celebrado en Ribadeo e no que estivemos coa carpa corporativa cunha actividade sobre valoración da forza e a realización dun circuito de axilidade e forza con Ketlebells dirixida por Pablo Losada, alumno da UDC precolexiado ao que tamén lle agradecemos o esforzo e a colaboración.
Porque a educación física é algo máis que un so día, fagamos que todos os días sexan DEFR. Por unha sociedade máis activa e saudable.