Durante os meses de xuño a outubro de 2019 o COLEF Galicia realizou visitas presenciais a 50 centros deportivos públicos e privados das catro provincias galegas, incluíndo as principais cidades. A situación analizada amosa que a práctica totalidade de instalacións deportivas teñen contratado alomenos unha persoa sen titulación oficial, en contra da Lei do Deporte de Galicia. Destacar que, sobre todo entre os centros deportivos de nova creación existe unha crenza xeralizada de que coa obtención de certificacións privadas de formación é suficiente para exercer a profesión, sen dar importancia ás responsabilidades que asumen ao non contratar a persoal cualificado.
Asemade, na revisión das 17 convocatorias de persoal de servizos deportivos en 2019 en Galicia, o 84% das bases permiten que accedan aos postos sen cumplir os requisitos de titulación, ademáis de non recoller o grupo profesional ou as funcións.
Podes acceder a toda a información desde aquí. INFORME