Actualización do Protocolo COVID-19 (22/06/2020) en centros non universitarios para o curso 2020-21 coas instruccións nacionais
- Actividade presencial polo menos ata 4ºESO
- Suspensión por situación excepcionais
- Cada centro terá un equipo COVID-19 de referencia
- Realización de autoenquisa e autoevaluación diraria por parte do persoal e familias
- Procurar mínima rotación de persoal e profesorado
- Máscara durante toda a xornada (a partires dos 6 anos) e 2ª máscara de reposto
- Evitaranse actividades que supoñan mestura do alumnado de diferentes clases ou as que exixan espacial proximidade
- O alumnado non pode compartir material con ningún compañeiro
- Distancia mínima de 1,5 metros
- Espazo separado para levar ao estudante con síntomas
EDUCACIÓN FÍSICA
No caso da clase de educación física o uso da máscara será obrigatorio agás que se realicen no exterior, de maneira individual, a máis de 2 metros e que o uso da máscara resulte inadecuado ou imposibilite a práctica. Na medida do posible minimizarase o uso de materiais que teñan que ser usados por varios alumnos e procurando a súa limpeza e desinfección despois do seu uso ou a realización de hixiene de mans. Coidarase especialmente do uso da mascara nos ximnasios ou polideportivos pechados con ventilación reducida.
EDUCACIÓN PARA A SAÚDE
Deseñaranse e implementaránse actividades de educación para a saúde que inclúan as medidas de prevención, hixiene e promoción da mesma fronte a COVID-19, para facer do alumnado axentes activos na mellora da saúde da comunidade educativa. Así mesmo, estas actividades débense incluír de maneira transversal nos programas e actividades de educación e promoción da saúde que xa viñan desenvolvéndose no centro educativo, de maneira que se poida traballar a saúde de forma integral.
A tal efecto, desenvolveranse iniciativas innovadoras para dinamizar e promover hábitos de vida activa e saudable nos centros educativos a través de dun gran abano de programas como son o Plan proxecta e Contratos-programa, entre outros. Igualmente, promoveranse accións como a oferta da materia de libre configuración autonómica “Promoción de estilos de vida saudables” na etapa secundaria obrigatoria. Estas e outras actuacións desenvolveranse desde unha perspectiva interdisciplinar e baixo as dúas liñas marcadas: a) Hábitos de alimentación saudable. b) Vida activa que inclúa a actividade física no día a día e ao longo da vida.