Juan Baleato Pérez é un dos nosos emprendedores colexiados. Vén de poñer en marcha unha web (entrena.fitness) que ofrece servizos de adestramento persoal. O proxecto desenvólvese a través dunha iniciativa de crowdfunding e por cada servizo que se contrate doarase un euro para a Asociación Española de Lucha contra el Cáncer. Preocupado pola incidencia que os estilos de vida pouco saudables teñen na aparición de enfermidades, anima á xente a practicar exercicio: “acaba enganchando”, sostén. A entrevista completa pódese ler aquí