Seleccionar página

Máis dun cento de persoas achegáronse o domingo 16 de setembro ao stand do COLEF Galicia no XIV Cross de Broña para facer os test de prensión manual e de costas e coñecer as súas capacidades e autonomía en función dos valores de referencia e da súa ocupación. Os colexiados-voluntarios Manuela Vázquez Coto e Pablo Formoso estiveron, con Henrique Pantín, Álex Fernández, Teresa Lameiro e Roberto Silva, realizando as devanditas probas. A carpa do COLEF Galicia prestou un gran servizo!