COLEF Galicia apoia as mobilizacións do 24N pola dignificación e ordenación das profesións do deporte.
Dende o COLEF Galicia queremos expresar o noso respecto, apoio e recoñecemento ao estudantado de CCAFD, que estes días está a mobilizarse en defensa do futuro da nosa profesión. A implicación das novas xeracións é clave para garantir unha Educación Física e Deportiva de calidade e unha práctica segura para toda a cidadanía.
O Consello de Ministros e as forzas políticas deben decidir se a futura Lei Estatal das Profeisións do Deporte —prevista para 2026— continúa a súa tramitación ou queda paralizada.
De quedar en suspenso, suporía un grave retroceso para o sector e para a protección da sociedade.
Por iso, sumámonos ao espírito e ás reivindicacións do Manifesto por la dignificación y ordenación estatal de las profesiones del deporte promovido por ANECAFYDE, en coordinación co Consejo COLEF, os colexios autonómicos, a Conferencia de Decanos e múltiples entidades profesionais.
O manifesto lembra que o colectivo de CCAFD é esencial polo seu traballo en:
*Saúde
*Educación
*Xestión deportiva
*Rendemento
*Investigación e innovación
E reclama unha norma estatal que:
-Ordene e recoñeza legalmente as profesións do deporte
-Garanta a calidade e seguridade da práctica físico-deportiva
-Diferencie niveis formativos, evitando equiparacións inxustificadas
-Loite contra o intrusismo e a precariedade laboral
-Recoñeza o papel esencial do graduado/a en CCAFD na prescrición e readaptación mediante exercicio físico
- Luns 24 de novembro
- 13:00h
- Mobilizacións nas Facultades de CAFD de Galicia e resto do Estado
O COLEF Galicia anima a toda a comunidade profesional e académica a participar nas mobilizacións convocadas o 24 de novembro, reivindicando unha lei imprescindible para o presente e futuro da nosa profesión.
Porque sen ordenación profesional non hai garantías, e sen garantías non hai saúde, educación nin seguridade para a cidadanía.
Estamos xuntas e xuntos nesta loita.
