Seleccionar página

Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas. Consultar texto completo: DOG Venres, 29 de xaneiro de 2021

De xeito sintético, as modificacións na Lei do Deporte de Galicia 3/2012 que se inclúen a través da Lei 4/2021, refírense a:

1) FEDERACIÓNS GALEGAS:

  • Aprobación administrativa dos regulamentos de licenzas (modificación do art. 5. h)
  • Novas auditorías de xestión ou operativas (modificación do art. 57.1): a administración poderá realizar tamén auditorías da xestión interna.
  • Plans de viabilidade para federacións (modificación do art. 61.6): a administración poderá establecer mecanismos coas federacións que atravesen problemas de viabilidade.  atravesan unha situación que pode comprometer a súa viabilidade.

2) COMITÉ GALEGO DE XUSTIZA DEPORTIVA

  • Procedementos disciplinarios por dopaxe (modificación do art. 93)
  • Supresión dalgunhas infraccións administrativas en materia de violencia no deporte e instalacións deportivas (modificación do art. 117) O CXGD ten atribuído a potestade sancionadora por infraccións administrativas en instalacións deportivas ou o intrusismo nas profesións do deporte.

3. CLUBS DEPORTIVOS GALEGOS

Aclaración sobre a impugnación dos acordos dos clubs  (modificación do art. 47)